Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
Na Coruña este sábado

Permiso para a bici

Doce horas, de 10 a 22h, para tratar de demostrar que hai outras formas de desprazarse pola cidade.

Redacción - 09:30 30/05/2009

Sen malos fumes, ruídos nin atoamentos. Así lles animan a practicar o san exercicio do desprazamento en bicicleta polas rúas da Coruña este mesmo sábado. Toda a cidadanía está convidada a participar nesta actividade, organizada polo grupo da Masa Crítica na urbe herculina. O percorrido recomendado, a xeito circular, vai no treito Porta Real – Praza de Ourense.

"Esta marcha social pretende dar un toque de atención ás nosas adormecidas autoridades" á vez que estimula a opción dos cidadáns a prol do uso diario de transportes alternativos ao automóbil. "É posíbel acougar o tráfico motorizado nas cidades e reducir o seu volume até civilizalo e facelo compatíbel coas funcións e actividades que realizamos nas rúas", sosteñen os convocantes.

"Coa vosa participación conseguiremos unha cidade máis humana, tranquila e menos contaminada", propoñen.


Ligazóns

5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: