Esta é unha das últimas fotografías que nos chegaron ao concurso 'Unha imaxe para o galego'. Agardamos polos teus traballos.
Plurilingüismo no mundo e aí ten que estar o noso idioma. Esta é a foto que nos envía un usuario que asina como Moncho de Lucas. O bar-restaurante 'O Muiño' comparte veciñanza con Alimentación Ming Zhu, con normalidade, sen complexos. A convivencia de palabras dun e doutro lado do mundo.
Xa son catorce as imaxes que chegaron para concursar en 'Unha imaxe para o galego'. Agardamos por máis fotografías e tamén polos traballos para a sección de vídeos. Hai premios que prestan, e moito. Tes algo máis dun mes para irlle dando voltas á cabeza. Se xa tes enfocada a lingua, envíanos as túas propostas.
Podes consultar aquí as bases e os traballos que xa chegaron