A produtora conseguiu a certificación da empresa xaponesa, para a que xa está a desenvolver tres proxectos de entretemento.
A produtora Continental dá un paso máis no sector dos videoxogos. Despois dos seus inicios co lanzamento no ano 2008 de E.L.E. (Evento Ligado á Extinción), acaba de acadar a certificación de Nintendo, polo que terá a autorización para desenvolver videoxogos para as populares consolas Wii e DS.
De cara ao seu futuro lanzamento, Continental Games -a división de entretemento dixital- xa está a traballar no desenvolvemento de Emotional training, dunha máquina da verdade e dunha cheminea manexábel por control remoto. Este último é o proxecto máis avanzado, e conta con que se poida mercar na tenda virtual de Nintendo este 2009.