Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
XUNTO A OUTROS 6 CONCELLOS NA FRONTEIRA

Tui-Valença, candidatas a Patrimonio da Humanidade

A candidatura, formada por oito concellos de ambas as dúas beiras da fronteira, presentarase na vindeira cimeira ibérica.

Redacción - 17:00 26/05/2009

"Vitoria-Gasteiz, San Sebastián-Donostia, Tui-Valença", a mesma cousa; xa o di O Leo nunha canción. As dúas vilas, enfrontadas dunha e doutra beira do río como diante dun espello, forman parte dunha candidatura transfronteiriza a patrimonio da humanidade. Estes dous concellos, canda a outros seis: Ciudad Rodrigo e Almeida, e Badaxoz coas localidades lusas de Marvão, Estremoz e Elvas, presentarán a súa proposta no vindeiro cumio ibérico.

A candidatura, á que aínda se poderían incoporar máis localidades de ambos os dous Estados, recibiu xa a declaración de apoio dos ministros Cultura e Asuntos Estranxeiros de Portugal. En outubro será o lanzamento oficial, momento no que comezará a traballar o comité de sabios encargado de elevar a proposta á Unesco.


4,5/5 (8 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: