Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DE CARA O XACOBEO

A Igrexa quere que o BNG celebre o Día da Patria fóra da Quintana

O deán da catedral de Santiago sinalou que “hai lugares alternativos” para o acto de reivindicación nacional.

Redacción / Europa Press - 00:30 26/05/2009

 O deán da Catedral de Santiago, José María Díaz Fernández, reclamou este venres que “a Praza da Quintana o próximo Ano Santo 2010 se reserve ao que significa a porta santa" e quede libre de concertos e outros actos multitudinarios, como a conmemoración do Día da Patria que o BNG celebra neste lugar dende principios dos oitenta.

Na conferencia de prensa de presentación das actividades para o 2010, o deán sinalou que están "escandalizados" polos concertos celebrados ás portas da catedral na Quintana, coa colocación de "retretes portátiles ao lado da porta santa".

"Esperamos que os ámbitos da catedral estean reservados, facendo honra ao que significa a porta santa", insistiu o deán para defender que a Quintana quede "acoutada como espazo sagrado", para o que dixo espera a cooperación do Concello de Santiago en canto á ambientación externa do templo. Preguntado se tamén en 2010 debería cambiar de situación a celebración do BNG do 25 de xullo, replicou que "parece que hai lugares alternativos".


2,35/5 (23 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: