O grupo edita o 28 de maio o concerto que gravou o pasado mes de xuño no Teatro Principal de Compostela.
Sonia Lebedynski, Xosé Ramón Vázquez, Carlos Castro, Giao Rodrigues, Roberto Santamarina, Xabier Olite e Roberto Rama conforman Fia na Roca, que o ano pasado cumpriu quince anos, momento aproveitado para repasar a súa traxectoria. Foi nun concerto celebrado o 30 de xuño no Teatro Principal de Santiago de Compostela, un recital que agora se recolle nun DVD titulado 15 maios e que se venderá xunto co semanario A Nosa Terra nos números dos días 28 de Maio, 4, 11 e 18 de xuño.
Así mesmo, Fía na Roca pechará os concertos do ciclo Música con Raíces, organizado polo Concello da Coruña. Será este xoves, día 28, no Teatro Rosalía de Castro.