Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
BALONCESTO

O Breogán espreme as súas opcións de volver á ACB

Os lugueses xogarán este venres no difícil campo do Los Barrios, coa necesidade de gañar para seguir vivos na loita polo ascenso á máxima división estatal.

Redacción - 18:00 22/05/2009
Brian Cusworth volverá a ser o referente ofensivo do equipo dende dentro da zona

Brian Cusworth volverá a ser o referente ofensivo do equipo dende dentro da zona

O Leite Río Breogán xoga este venres ás nove da noite o segundo partido da súa eliminatoria de ascenso á liga ACB, contra os andaluces do Los Barrios. O encontro disputarase ás nove da noite no pavillón Samuel Aguilar, e os gaditanos permitirán a entrada libre dos seus seareiros para axudar así a crear un ambiente que axude aos seus xogadores. Os lugueses chegan a España coa vitoria como única hipótese se queren seguir na loita polo ascenso, despois de perder o martes no Pazo dos Deportes o factor campo.

O equipo que adestra Sergio Valdeomillos chega coa baixa segura de Bill Phillips e as posíbeis ausencias de Spencer Gloger e Daniel Clarck. Aínda así, tratarán de gañar nun campo difícil, onde ninguén o consigue dende o pasado mes de outubro. A solidez defensiva e constancia como grupo son as principais virtudes do primeiro obstáculo que terán os lugueses na súa loita polo ascenso. No caso de gañar os galegos este partido habería un terceiro encontro en Lugo, e o vencedor pasaría a unha final a catro equipos, que se resolverá polo sistema de semifinais e final a un só partido.

O adestrador do Breogán, Sergio Valdeomillos fai unha lectura positiva deste enfrontamento ao límite: "o equipo debe dar un paso adiante e demostrar que pode superar unha situación así. Aquí o que vale é o todo ou nada, e perder sería o mesmo que facelo na final a catro, porque para nós só hai un obxectivo". Valdeomillos tamén fixo unha reflexión sobre o futuro das eliminatorias, cunha idea que pretende traspasar aos seus xogadores: "normalmente ascende o que menos erros comete, non o que xoga mellor".


4/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: