O portavoz nacional do BNG di que o feito de que a delegación viguesa manteña as competencias da anterior lexislatura desautoriza a Alfonso Rueda.
O portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, criticou o "espectáculo que están a dar os dirixentes do PP de Pontevedra, o seu Secretario Xeral, e o presidente do Goberno" no tema da delegación da Xunta en Vigo. Vázquez aprecia que "Feijoo baixou a cabeza diante da rebelión dos varóns do seu partido en Pontevedra".
Vázquez pregúntase a función da superdelegación, tendo en conta que mantén as mesmas competencias que a anterior entidade. Ademais, considera que esta decisión "desautoriza ao Conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda".