Porén, o mandatario dos EUA negouse a poñer prazos á negociación para que Irán renuncie ao seu programa nuclear, como demandaba Israel.
O presidente dos EUA, Barack Obama, reuniuse esta segunda feira en Washington co primeiro ministro israelí, Benjamin Netanyahu, nunha primeira cimeira na que se tratou a fondo o conflito en Oriente Próximo.
O mandatario estadounidense chamou a Netanyahu a "aproveitar a oportunidade" de tentar lograr a paz, e reiterou o apoio do seu país á solución de dous estados, un israelí e outro palestino. Nesta liña, afirmou que Israel ten "obrigas claras" dentro do plan de paz, e que os "asentamentos deben deterse" nos territorios palestinos.
Na xuntanza, ámbolos dous mandatarios debateron tamén sobre o plan nuclear de Irán e, así como Netanyahu non lle asegurou a Obama que vaia apoiar a creación dun estado palestino, tampouco o mandatario estadounidense lle deu a este unha data exacta para comezar as negociacións con Irán sobre o seu plan nuclear, como demandaba.
A noticia noutros medios de comunicación: