Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DEPORTES

O Teucro descende... e o Celta anda niso

O equipo celeste caeu en Zaragoza (3-0) e queda a catro puntos do descenso, a cinco xornadas do final da Liga. En balonmán, o Teucro dixo adeus á división de honra.

Redacción - 21:45 16/05/2009
Tags: celta teucro

O Celta segue sen asegurar a permanencia, despois de que este sábado caese con claridade en Zaragoza, por 3 goles a cero. O equipo vigués encaixou dous goles en dous minutos (19 e 21) e xa non foi quen de remontar o encontro. Despois do empate do Alavés, o Celta fica a catro puntos do descenso, cando aínda quedan cinco xornadas para concluír a tempada.

Peor sorte ten o Teucro, que esta fin de semana perdeu a categoría, ao caer en Barcelona por un contundente 39-25. Os pontevedreses non aproveitaron a vitoria do Octavio Pilotes Posada, que superou ao Alcobendas (21-22), o rival do Teucro pola permanencia.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: