Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Novas tecnoloxías no ensino

Os 'portátiles de Zapatero' levarán software libre

A secretaria de Organización do PSOE, Leire Pajín, asegurou que os computadores que se lle entregarán ao estudantado de quinto de Primaria levarán código aberto.

Redacción / EP - 17:10 15/05/2009

Os computadores portátiles que o goberno español facilitará para o estudantado de quinto curso de Primaria levarán software libre, segundo anunciou a secretaria de Organización do PSOE, Leire Pajín. Nun primeiro momento anunciárase que ían ter arranque dual (Windows e Linux), o que espertou as críticas da comunidade de código aberto.

Segundo Pajín, cada comunidade autónoma terá o poder de decidir que sistema operativo incluír nos portátiles. No caso de Galiza podería ser o Galinux, patrocinado polo Goberno. Para a política socialista, a iniciativa supón "un paso máis no software libre"e, de paso, criticou que o PP amosase o seu escepticismo polo anuncio do presidente do goberno español.


4/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: