Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Valoración da elección de Anxo Lorenzo

O PSdeG quéixase de falta de consenso na elección

"O problema para a lingua é a liña política oportunista e irresponsábel de Núñez Feijoo", criticou o deputado socialista Francisco Cerviño.

Redacción - 09:15 15/05/2009

"Lonxe de buscar o acordo con todas as forzas políticas en col da lingua galega, que nos gustaría que escenificara politicamente de maneira explícita, Núñez Feijoo nomea un novo alto cargo sen ningún tipo de consenso co obxectivo de continuar coa política de confrontación amosada dende a campaña electoral", analizaba este xoves o deputado socialista Francisco Cerviño ao respecto do nomeamento do secretario xeral de Política Lingüística.

Nun comunicado enviado aos medios, o portavoz de Lingua do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia dixo hoxe que o nomeamento de Lorenzo sen consenso previo "non agoira nada bo para o acordo necesario en materia de política lingüística". Ao fío, afirmou que o novo secretario xeral de Política Lingüística ten por diante o desafío de "saír do embrollo das políticas que ten encomendadas e que poden acelerar o agravamento da situación da lingua galega a medio prazo".

Cerviño afirmou lamentar a posición "oportunista e irresponsábel" de Núñez Feijoo en materia lingüística, que "provocou o enfrontamento coa Real Academia Galega, cos editores, sindicatos e amplos sectores da cidadanía galega", e que, na súa opinión, demostrou "unha vez máis" que "non é capaz de dar cumprimento ás súas promesas electorais". "Unha boa mostra da insensibilidade do presidente da Xunta é a reapertura da polémica xa pechada sobre o topónimo da Coruña", laiouse Cerviño.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: