Unha iniciativa parlamentaria do BNG formúlalle á Xunta se asumirá o PEGSI e que departamento xestionará as competencias da desaparecida dirección xeral.
O Grupo Parlamentario do BNG denunciou que o novo organigrama da Xunta "esqueceu" as novas tecnoloxías e a sociedade da información. A responsábel do grupo nacionalista neste eido, Ana Luísa Bouza, salientou a desaparición da Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información.
A parlamentaria lembrou que "aparece unha secretaría de Modernización dependiente de Presidencia e en ningún caso un centro directivo" na nova estrutura "que asuma as competencias da dirección xeral eliminada". En vista disto, preguntoulle ao Goberno "como vai garantir o apoio ao sector" e se vai asumir o Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información.