Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A CARREIRA CARA O 7 DE XUÑO

A FPG intégrase en Iniciativa Internacionalista para concorrer ás eleccións europeas

Méndez Ferrín é o número seis dunha candidatura encabezada polo escritor Alfonso Sastre.

Redacción - 13:25 06/05/2009

Iniciativa Internacionalista-Solidariedade entre os Pobos vén de presentar a súa candidatura diante da Xunta Electoral Central. Na lista, na que participan diferentes colectivos políticos independentistas e de esquerda de todo o Estado Español, figuran militantes da Frente Popular Galega. De feito, Xosé Luís Méndez Ferrín será o número seis da candidatura.

A lista de Iniciativa Internacionalista está encabezada polo recoñecido dramaturgo Alfonso Sastre. Este escritor madrileño, que reside en Euskadi, está vinculado á esquerda 'abertzale' dende principios da década dos setenta. O número dous é para a avogada Doris Benegas (Izquierda Castellana). A continuación figuran: o sindicalista catalán Josep Garganté (CGT); Zesar Corella (Cucha Independentista Aragonesa); e Ángeles Maestro (Corriente Roja, unha excisión de Esquerda Unida).

Iniciativa Internacionalista asegura que vai defender no Parlamento Europeo unha política de “esquerda real” e os dereitos políticos das diferentes nacións integradas no Estado Español. Poden ler aquí o seu manifesto e aquí a candidatura completa.


4,58/5 (19 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: