Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ÚLTIMOS RETOQUES AO NOVO Executivo

Feijoo fala de "cambio de tendencia histórica" e desafía vindeiros gobernos a manter o modelo de delegados

O presidente da Xunta tamén interveu na toma de posesión do novo secretario xeral para o Deporte, e apostou por "despolitizar" este eido.

Redacción - 18:30 04/05/2009

Este luns foi unha nova xornada de presentacións para o Goberno que dirixe Alberto Núñez Feijoo, e desta vez tocoulle aos cinco delegados que a Xunta terá nas grandes cidades do país; e ao secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete. Os novos delegados serán Diego Calvo (A Coruña), Raquel Arias (Lugo), Rogelio Martínez (Ourense), José Manuel Cores Tourís (Pontevedra) e Lucía Molares (Vigo).

Durante a presentación dos novos delegados Núñez Feijoo afirmou que "acabamos de asistir a ago máis que unha toma de posesión; este é o cambio dunha tendencia histórica". O presidente da Xunta referíase con estas palabras a redución da administración periférica, á que se lle quitan 52 altos cargos ,e xustificou esta redución na súa vontade de acadar unha administración "máis lixeira, eficaz, eficiente e áxil".

Moitas das funcións que se levaban a cabo nalgúns dos postos de 'altos cargos' que desaparecen desenvolveranas funcionarios que mudarán as súas atribucións coa chegada do novo goberno. Sobre este cambio na estrutura visíbel da administración periférica (que non no seu xeito de funcionamento) Feijoo dixo que "É unha mostra de confianza nos empregados públicos responsables e capaces; que os hai e moitos".

Aposta pola "despoilitización do deporte"
Durante a presentación do secretario xeral para o Deporte o presidente da Xunta comprometeuse coa "despolitización" do deporte galego que, segundo el dixo, caracterizou ao Goberno anterior: "queremos cambiar a politización do deporte pola política do deporte". Nesta liña falou de traballar para facilitar a práctica deportiva á cidadanía.

Pola súa parte José Ramón Lete limitouse durante a toma de posesión a apostar por incrementar "o protagonismo" do deporte no seo da Xunta e amosarse "inmensamente feliz" coa súa "volta á casa": "son vasco de nacemento, pero galego de condición", dixo.


2,75/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Núñez Feijoo fala diante de Afonso Rueda e dos novos delegados do Goberno (clic para ampliar)
Núñez Feijoo fala diante de Afonso Rueda e dos novos delegados do Goberno (clic para ampliar)
O novo secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, durante a súa toma de posesión (clic para ampliar)
O novo secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, durante a súa toma de posesión (clic para ampliar)