Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
J. A. DOCOBO, DIRECTOR DO OBSERVATORIO DA USC

"A astronomía é a ciencia máis democrática"

Co gallo do Ano Internacional da Astronomía, coñecemos máis de perto as instalacións do centro Ramón María Aller. Vídeo no interior

Vídeo: Isabel García Couso. Texto: Modesto del Río - 08:00 05/05/2009

Coincidindo co Ano Internacional da Astronomía, facémoslle unha visita ao Observatorio Ramón María Aller, dependente da Universidade de Santiago de Compostela. O centro foi fundado en 1943 polo astrónomo que lle dá nome, como continuación do observatorio particular que tiña en Lalín.

O director do centro universitario é José Ángel Docobo, que tamén é vicepresidente -e proximamente presidente- da comisión número 26 da Unión Astronómica Internacional, a que se encarga de estudar as estrelas dobres. Esa é, á súa vez, a principal especialidade do Observatorio da USC como foi de Ramón María Aller.

Aínda que as instalacións están abertas ao público en xeral e á comunidade universitaria, durante este Ano Internacional da Astronomía hai constantes visitas escolares. E é que o interese pola astronomía existe dende os comezos da Humanidade, pois é "a ciencia máis democrática": todo o mundo ten o ceo ao seu alcance.


4,33/5 (6 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: