Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
Logo de recibir o apoio da dirección

Baixa táctica dos edís do PP en Mos "para non xerar problemas"

A alcaldesa de Mos vai entregar o carné do partido antes de que se reúna a comisión antitransfuguismo.

Europa Press - 11:00 02/05/2009
Casa do Concello de Mos

Casa do Concello de Mos

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, causará baixa no Partido Popular (PP) antes de que se reúna a comisión antitransfuguismo "para non xerar problemas", despois de que o pasado mes de decembro accedese á alcaldía, tras prosperar a moción de censura presentada polo seu grupo, co respaldo do ex edil socialista Xerardo Alonso.

Segundo confirmaron fontes populares, Nidia Arévalo e os oito edís do PP no Concello de Mos comunicáronlle á dirección provincial do partido o seu desexo de causar baixa nas filas populares "para non xerar problemas" posto que se celebrará proximamente unha reunión da comisión que analiza os casos de transfuguismo, creada no marco dun pacto entre PP e PSOE.

As mesmas fontes resaltaron que Arévalo decidiu abandonar o partido antes de que a comisión se reúna "e se tomen decisións que lle afecten". En todo caso, a rexedora e o seu equipo de goberno, incluído Xerardo Alonso, permanecerán á fronte do Concello, aínda que conformarán un grupo independente.

Compartir o ideario do PP
Arévalo fixo pública a súa decisión nas últimas horas e recordou que a súa chegada á alcaldía se fixo a través dun mecanismo "lexítimo e legal", como é a moción de censura, para acabar coa situación de "desgoberno" na que, segundo dixo, vivía esta localidade pontevedresa. Así mesmo, lamentou a "utilización política" que o PSdeG fixo desta moción de censura como "medio de desgaste".

Por iso, a alcaldesa xustificou a súa petición e a dos concelleiros populares de "baixa preventiva" do PP na súa intención de "antepoñer os intereses do partido" sobre os seus propios. Non obstante, precisou que tanto ela como os seus compañeiros comparten e "seguramente" seguirán compartindo "o ideario e proxecto do PP".
Moción de censura
Arévalo xurou o seu cargo o pasado 12 de decembro como nova rexedora de Mos, en substitución de María Xesús Escudero (do PSdeG), despois dunha sesión plenaria cargada de tensión, con apupos e insultos por parte dos veciños, que culminou coa votación da moción.

Os votos dos cinco concelleiros socialistas máis os tres edís do BNG non foron suficientes para frear a moción, aprobada cos oito votos do PP e o do ex edil socialista Xerardo Alonso.


3/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: