Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Irimia

Xestionado pola Asociación Irimia
RSS de Irimia
Falando da Lingua

“liberdade para que o alumnado, e parece que tamén o profesorado, escolla a lingua que quere empregar nas aulas”

Que significa liberdade? 
Visto o visto... imos comezar esta lingua centrándonos na semántica. Primeiro paso ir ó dicionario para recordar a definición de dous termos fundamentais en toda sociedade democrática que parece que hai sectores da poboación, gobernantes incluídos, que empregan sen saber o que significan.

Lidia Campos e Valentina Formoso - 20:38 30/04/2009

Que significa liberdade?

Visto o visto... imos comezar esta lingua centrándonos na semántica. Primeiro paso ir ó dicionario para recordar a definición de dous termos fundamentais en toda sociedade democrática que parece que hai sectores da poboación, gobernantes incluídos, que empregan sen saber o que significan.

Liberdade:
    Facultade e dereito das persoas para obrar segundo os seus criterios, sen mandato ou imposición
    Liberdade individual Estado dos cidadáns que son libres en todo aquilo que a lei non prohibe explicitamente. 
Lexislación:
    Conxunto de leis que regulan a vida xurídica dunha comunidade, ou unha rama determinada da actividade dunha comunidade.
    Lexislación educativa: Conxunto de leis que regulan a educación. 
     
Entón non entendemos a última mensaxe do goberno: “liberdade para que o alumnado, e parece que tamén o profesorado, escolla a lingua que quere empregar nas aulas” Isto significa que non entenden o significado de “lexislación educativa”: hai unhas leis que regulan o uso do galego no ensino que pretenden  que nos centros se dea polo menos o 50% das materias en galego para que o noso alumnado saiba ben as dúas linguas . Xa vos contamos isto aí atrás, recordades?  Se a lexislación di isto e a liberdade individual non pode ir en contra do que se di na lei, entón... que significa que o alumno escollerá? Tamén vai poder escoller cando se quere estudar a revolución rusa, a sintaxe, a literatura medieval, as ecuacións ou a célula? Tamén vai poder escribir todo con b porque o v non lle gusta? ou todo sen h? Tamén vai poder escoller que profesor quere que lle dea clase en cada materia? Tamén se lle vai deixar liberdade para facer ou non os exames? Tamén vai poñer as notas?

Si, ho, si, sexamos “amables” e/ou “harmónicos”... pero en todo, non só na lingua!


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: