Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
ÁLBUMES DE CRÁNEO E MOXOM

Os irmandiños e Risco, en banda deseñada

'Os lobos de Moeche' preséntase este xoves en Compostela, mentres que en Ourense Xosé Manuel Moxom dá a coñecer o seu 'O lobo da xente', Risco en BD.

Redacción - 10:00 30/04/2009

A Fundación Vicente Risco e BD Banda presentan este xoves, na Casa da Xuventude de Ourense O lobo da xente, álbum de banda deseñada no que Xosé Manuel Moxom adapta libremente o relato homónimo de Risco. Será ás oito e media da tarde deste 30 de abril, cabodano da morte do escritor ourensán.

Tamén este xoves, pero en Compostela, Manuel Cráneo continúa coa presentación do seu álbum Os lobos de Moeche, unha adaptación das loitas irmandiñas en banda deseñada. O autor asinará exemplares da súa obra a partir das seis da tarde na libraría Kómic.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: