Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
EPIDEMIA

México decreta o estado de máxima emerxencia sanitaria por unha rara gripe porcina

O brote, que afecta os humanos, xa causou máis de sesenta mortes e estendeu a alarma a EUA e Guatemala. A OMS anuncia a constitución dun comité de expertos.

Redacción - 11:15 25/04/2009

O goberno mexicano estableceu nas últimas horas o máximo estado de alerta sanitaria debido a unha desconcertante epidemia de gripe porcina que está a afectar a humanos e que tería xa causado máis de sesenta mortes. O brote, descoñecido para os científicos, podería ser unha mutación do virus porcino combinada coa gripe humana e aviaria.

A alarma é de tal magnitude que o executivo de Calderón decidiu pechar provisionalmente as escolas, os museos e cines da capital do país. O goberno tamén recomenda evitar os lugares moi concurridos xa que se considera probado que existe contaxio entre persoas.

EUA e Guatemala aumentaron os controis nas súas fronteiras polo temor ao brote. En Estados Unidos xa se diagnosticaron algúns casos de persoas afectadas. A OMS ten previsto convocar esta mesma fin de semana un comité de expertos que valoren a situación.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: