Remontaron un 2-0 no campo do Igualada para rematar impoñéndose e acadando a clasificación para as semifinais.
Imaxe do primeiro partido entre Liceo e Igualada
O Coinasa Liceo semella abonado ao 4-2 e foi con este marcador co que se impuxo ao Igualada nos dous partidos dos cuartos de final da OK Liga. Os coruñeses chegaron ás eliminatorias polo título como un dos grandes favoritos, grazas ao seu bo papel na liga regular, e non defraudaron aos que apostaban por eles.
Malia que no partido de volta os cataláns conseguiron unha vantaxe inicial de dous goles, os xogadores de José Querido conseguiron darlle a volta ao marcador cos goles de Martín Payero (en dúas ocasións), Pablo Álvarez e Bargallón.
Na seguinte rolda o Liceo terá como rival a outro equipo catalán, o Vic. A eliminatoria disputarase ao mellor de cinco partidos e comezará o vindeiro 5 de maio en terras catalás