Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
FÚTBOL

Todo por decidir na 2ªB a falta de tres xornadas

Rácing de Ferrol e Pontevedra optan ao ascenso, e o Deportivo B apura as opcións para non descender.

Redacción - 13:05 22/04/2009
Cada gol é unha croia de ouro a partir de agora

Cada gol é unha croia de ouro a partir de agora

A falta de só tres xornadas para o final da liga, o grupo primeiro da 'Segunda B' hai aberta unha dura loita, con equipos galegos pelexando nas partes alta e baixa da táboa. Nas primeiras posicións queda por decidir o nome dun dos equipos que participará na liga de ascenso, lugar que actualmente corresponde ao Zamora. A só un punto están Rácing de Ferrol e Celta B (sen posibilidades de subir por estar o primeiro equipo na división superior) mentres que dous puntos por debaixo figura o Pontevedra.

Tendo en conta que o Lemona ten un punto máis que o Pontevedra poderíamos falar de catro equipos loitando por un lugar na liga de ascenso. Ademais, nas tres xornadas que quedan abondarán os enfrontamentos directos. Na xornada 36 enfróntanse Rácing e Pontevedra en Ferrol, mentres que o Celta visita o campo do Zamora. Na 37 é o Pontevedra quen recibe ao Zamora, mentres que o Rácing viaxa até Abegondo para xogar contra o Dépor B e o filial do Celta recibe ao Lemona. Na última xornada o Pontevedra visita ao Lemona, o Rácing de Ferrol recibe ao filial do Rácing de Santander e o Dépor B pode aproveitar para darlle unha man aos seus veciños na visita ao campo do Zamora.

O Deportivo B loita por escaparlle ao descenso
Por abaixo o Deportivo B procurará manter a categoría, malia que está a seis puntos da salvación con só nove por disputar. O filial coruñés tratará de espremer até o último minuto as súas opcións nun difícil calendario que os levará a xogar contra Ciudad de Santiago, Rácing de Ferrol e Zamora. Os outros dous equipos galegos na categoría son o Lugo e Ciudad de Santiago, que ocupan a 10ª e 13ª posición respectivamente. Os dous equipos están salvados matematicamente e teñen o ascenso moi lonxe, polo que terán un tranquilo final de liga.


3/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: