Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Toma de posesión

Roberto Varela: "O que está ben feito seguirá como está"

O novo conselleiro de Cultura e Turismo destacou a cita xacobea e tamén a importancia da "proxección exterior" da cultura galega.

Redacción - 15:05 20/04/2009
Roberto Varela, con Núñez Feijoo, durante a súa toma de posesión (clic para ampliar)

Roberto Varela, con Núñez Feijoo, durante a súa toma de posesión (clic para ampliar)

"O que está ben feito continuará como está", afirmou o novo responsábel da Consellaría de Cultura, Roberto Varela Fariña, quen dixo que non é a súa intención "varrer con todo". Varela Fariña, que prometeu entregarse "en corpo e alma" a un labor que "contribúe á autoestima de Galiza", foi recibido este luns pola conselleira saínte, Ánxela Bugallo.

En declaracións aos medios, o novo conselleiro falou da importancia da Cultura en tempo de crise como factor de aproveitamento "económico" e a prol da "autoestima" dos cidadáns. Tamén se referiu ao Xacobeo 2010 como un dos retos fundamentais, afirmando sentirse "fascinado" por unha cita que prognosticou "histórica".


2,8/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: