Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
140 persoas, catro días despois

Italia acolle finalmente, con reservas, os inmigrantes bloqueados en Lampedusa

Roma arremete contra Malta porque di que o rescate ocorreu nas súas augas territoriais, e asegura que non sentará precedente.

Redacción - 12:00 20/04/2009
A bordo do 'Pinar'

A bordo do 'Pinar'

O ministro de Asuntos Exteriores italiano, Franco Frattini, anunciou un acordo para a acollida de 140 persoas que se atopan a bordo dun cargueiro turco, con bandeira panameña, que Malta se negaba a permitir atracar nos seus portos.

Frattini esgrimiu "motivos humanitarios" para pór fin ao contencioso con Malta, que duraba xa catro días. O acordo alcanzouse logo da intervención do presidente da Comisión Europea, José Manuel Durão Barroso, quen conversou directamente co primeiro ministro italiano, Silvio Berlusconi, e co seu colega maltés, Lawrence Gonzi.

O buque 'Pinar' pasou catro días en augas internacionais afectadas polo temporal ao sudoeste da illa italiana de Lampedusa, ante o rexeitamento de Malta a recibir aos náufragos, recollidos por este navío cando se atopaban en dúas fráxiles embarcacións.

"O Goberno de Malta non cumpriu coa petición europea do presidente da Comisión Barroso para que respectase as normas de rescate no mar", dixo Frattini, que asegurou que exporá a cuestión no próximo consello de ministros de Exteriores da UE.

Roma insiste en que o rescate dos inmigrantes ocorreu en augas maltesas e rexeitaba, en consecuencia, aceptar os náufragos, mais Malta asegura que a operación ocorreu perto de costas italianas.


1/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: