Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Barcelona

Edición xestionada por Xabier Paradelo
RSS de Barcelona
APRENDER LINGUAS ROMÁNICAS DESDE O GALEGO

Publícase o "EuroComRom-As sete peneiras. Saber ler axiña todas as linguas románicas"

Os autores asinarán exemplares o día de Sant Jordi, entre 5 e 6 da tarde, na Llibreria Catalònia.

UB - 22:00 19/04/2009

A edición galega do EUROCOMROM-As sete peneiras. Saber ler axiña todas as linguas románicas (Shaker Verlag, 2009) preparado polos profesores de Filoloxías Galega e Portuguesa na Universitat de Barcelona, Sabela Labraña e Ignacio Vázquez, e os autores do proxecto e profesores da Universidade de Frankfurt, Horst G. Klein e Tilbert D. Stegmann, trátase dun método complementario ao ensino tradicional de linguas que se pode empregar para a autoaprendizaxe.

O contacto frecuente e continuado entre europeos que falan linguas diferentes, converte o plurilingüismo nun fenómeno de atención central na comunicación a todos os niveis. A comunicación de falantes de linguas diferentes a través dunha terceira lingua crea certa distancia e non favorece a aproximación aos outros. Ter os coñecementos suficientes para facer posible a comunicación nas diferentes linguas dos cidadáns europeos cos que se está en contacto máis estreito semella un obxectivo inalcanzable, por iso acotío se renuncia a unha auténtica diversificación das linguas. O proxecto EuroComRom demostra que iso é posible e propón unha didáctica que permite o acceso real dos europeos ao plurilingüismo.

Con EuroCom e cun esforzo mínimo, disponse dun gran repertorio de elementos xa coñecidos no dominio léxico e gramatical dunha lingua románica e iso pódese aplicar a varias linguas dunha soa vez.


4,5/5 (8 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: