Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Ofrenda no Panteón de Galegos Ilustres

"A esencia do galeguismo é o amor a Galiza", expón Feijoo

"Galeguistas somos todos aqueles que cremos que paga a pena adicar os mellores esforzos a traballar polo benestar da nosa xente", afirmou o novo presidente da Xunta na véspera da toma de posesión.

Redacción - 17:35 17/04/2009



Galeguistas son tamén os que cren que "paga a pena contribuír a facer da lingua e da cultura galega a mellor mostra da nosa forma de entender o mundo". "Un mundo ao que nos queremos abrir, e que queremos modestamente contribuír a mellorar", apuntou Alberto Núñez Feijoo durante a súa intervención. O presidente do Goberno acudía así ao Panteón de Galegos Ilustres na mañá deste venres, en compañía da dirección do PPdeG e dos deputados populares no Parlamento.

"Hai 9 meses, os homes e mulleres do Partido Popular decidimos reunirnos ás portas deste Mosteiro, as portas do Mosteiro de Santo Domingo de Bonaval, para realizar a Ofrenda que, en vésperas do Día Grande do Apóstolo, o Día de Galicia, testemuña o noso compromiso galeguista", comezaba a súa intervención. "Brañas e Castelao arelaron e loitaron porque Galicia tivese institucións de seu", expuxo Núñez Feijoo, "pois ben, ese mesmo Parlamento que representa ao Pobo Galego, acaba de investir Presidente da Xunta un home que milita no PPdeG, o mesmo home,que hai nove meses comparecía ante eles para acollerse a súa xenerosa inspiración vital dos nosos galegos ilustres".

Asegurou o líder do PP en Galiza que o seu partido se achegaba nesta xornada ao Panteón para "reiterar" o "compromiso galeguista", alén do compromiso co "progreso material, a lingua e a cultura" do país. "Un compromiso co desenvolvemento dunha cultura milenaria, que queremos seguir desenvolvendo en liberdade", dixo. "O compromiso de facer, no terreo cultural, así como no político e no social, unha política sen exclusións, que atenda aos intereses xerais, respecte a pluralidade do país, e atenda ás verdadeiras necesidades sentidas na rúa dos galegos e as galegas", engadiu.


1,57/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: