Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Feijoo recupera o Plan Galicia

Asturias non quere TAV Cantábrico

O Goberno desta comunidade autónoma oponse á súa construción polo seu impacto "brutal" e porque supón unha "fractura" do seu territorio.

Redacción - 19:05 15/04/2009

A conselleira de Administracións Públicas e portavoz do Goberno de Asturias, Ana Rosa Migoya, insistiu esta cuarta feira en que o Principado rexeita a construción dun TAV do Cantábrico, que conectaría por alta velocidade o norte da Península Ibérica, porque causaría un impacto "brutal" no medio e suporía unha "fractura" do territorio.

O TAV do Cantábrico era un dos proxectos que incluía o Plan Galicia, aprobado polo goberno español en xaneiro de 2003, presidido por José María Aznar, para compensar os danos ocasionados pola marea negra do 'Prestige'.

No seu discurso de investidura, o futuro presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, comprometeuse a aprobar un plan de infraestruturas nos cen primeiros días do seu Goberno, que recupere o Plan Galicia, que o Executivo de José Luis Rodríguez Zapatero substituíu no seu momento polo Plan Estratéxico de Infraestruturas e Transporte (PEIT).

"Esforzos" de anos para conservar o seu valor natural

Migoya matizou que a posición do Principado non supón un "non rotundo", senón que formula as súas "reservas" cara aos efectos que podería ter a infraestrutura no Principado. "Un tren de alta velocidade non é unha estrada e fractura o territorio en dous", explicou.

A dirixente puxo en valor os "esforzos" realizados estes anos para conservar o valor natural e paisaxístico de toda a franxa costeira. "O tempo dános cada vez máis a razón", dixo, insistindo en que hai que ser "moi coidadosos" á hora de aprobar este tipo de proxectos.


5/5 (9 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: