Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
DOCUMENTAL

'Marea laranxa' achéganos a historia do Burela Fútbol Sala en imaxes

Algo máis dunha hora na que se percorre a evolución deste club da Mariña que loita agora por acompañar a Lobelle e Ázkar na máxima división estatal.

Redacción - 08:00 14/04/2009
Cartaz sobre o acto de presentación do documental  (clic para ampliar)

Cartaz sobre o acto de presentación do documental (clic para ampliar)

Este sábado día 18 de abril estréase no auditorio municipal de Burela o documental Marea laranxa, que repasa a historia do Burela Fútbol Sala. O documental foi feito polo departamento de comunicación do club, e nel mestúranse imaxes de encontros con declaracións de xogadores, afeccionados e outras persoas próximas ao club.

Este equipo naceu no ano 2001,aa e viviu dende entón unha meteórica ascensión que os levou a estar loitando polo ascenso á máxima categoría estatal. Precisamente, a estrea deste documental coincide co mellor momento deportivo da historia do club, que lidera o seu grupo da liga de ascenso á máxima división estatal de fútbol sala. Así, o mesmo sábado o equipo xogará o cuarto encontro desta liga que remata o vindeiro 30 de maio, que podería permitir aos burelás unirse a Lobelle e Ázkar como representantes do país na elite deste deporte.

Xa está dispoñíbel un avance do documental Marea laranxa, pendurado polo club en YouTube.


4,2/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: