O voto en contra de dous deputados do UMP e a abstención de outros moitos cambiaron as previsións. A norma prevía deixar sen rede a quen intercambiase filmes e música con copyright.
O Parlamento francés rexeitou, por sorpresa, o proxecto de lei do goberno de Nicolas Sarkozy contra o intercambio de arquivos vía P2P. Na lei, que xa fora aprobada polo Senado, sinalábase o dereito, por parte do Estado, de deixar sen internet -despois tres avisos vía correo electrónico e correo certificado- aos usuarios que descargasen arquivos protexidos con copyright e dereitos de autor, empregando programas e aplicacións P2P.
O voto contrario de dous deputados da Unión por un Movemento Popular (UMP), o partido de Sarkozy, e a ausencia na cámara de moitos outros, permitiu que o Parlamento rexeitase un proxecto de lei que xa se daba por aprobado. Finalmente foi rexeitado por 21 votos fronte a 15. Este contratempo obrigará o goberno a presentar de novo o proxecto, aínda que o Executivo cre que isto só ha retrasar súa aprobación unhas semanas.
O partidos da esquerda, as operadoras de telecomunicacións e os colectivos de internautas opúñanse a esta lei que, de se aprobar, había marcar un precedente en toda a Unión Europea. Algúns deputados contrarios á norma, mesmo tiñan previsto levala, no caso de que seguise adiante, até o Tribunal Constitucional, ao considerar que só un xuíz pode pecharlles aos cidadáns o acceso á rede.
Máis información nos medios franceses: