Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Mudanza no goberno español

Zapatero confirma a Salgado e Blanco como ministros de Economía e Fomento

César Antonio Molina é relevado do Ministerio de Cultura, carteira que ocupará Ángeles González Sinde.

Redacción - 13:25 07/04/2009
O presidente do goberno español, Rodríguez Zapatero, durante o anuncio dos cambios no seu equipo

O presidente do goberno español, Rodríguez Zapatero, durante o anuncio dos cambios no seu equipo

Os novos nomes no goberno español, anunciados este martes desde a Moncloa por José Luís Rodríguez Zapatero:


  • Vicepresidencia Económica: Elena Salgado, até o de agora responsábel do departamento de Administracións Públicas

  • Ministro de Cooperación Territorial (e vicepresidente terceiro): Manuel Chaves, que deixa así a presidencia da Junta de Andalucía

  • Ministro de Educación e Universidades: Ángel Gabilondo, até o de agora presidente da Conferencia de Reitores e reitor da Universidade Autónoma de Madrid

  • Ministra de Cultura: Ángeles González Sinde, que era na actualidade presidenta da Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas

  • Ministro de Fomento: Xosé Blanco, actual vicesecretario xeral do PSOE, cargo que en principio non deixará

  • Ministra de Sanidade e Asuntos Sociais: Trinidad Jiménez, até o de agora secretaria de Estado para Iberoamérica


Saen do goberno o galego César Antonio Molina, até o de agora ministro de Cultura, e Pedro Solbes, Magdalena Álvarez, Mercedes Cabrera e Bernat Soria, responsábeis nos últimos meses, respectivamente, das carteiras de Economía, Fomento, Educación e Sanidade. Alén da mudanza de nomes, destacan os cambios no esquema ministerial: Educación incorpora Universidades, que na recente lexislatura estaba integrado en Ciencia e Tecnoloxía, e Sanidade únese a Asuntos Sociais, que dependía de Educación.

Na súa intervención, o presidente do goberno español destacou que a mudanza no equipo trata de dar resposta, de xeito especial, ao novo escenario e desafíos do contexto económico. Ao fío, Rodríguez Zapatero insistiu en destacar que o seu executivo xa leva feito "importantes esforzos" fronte á crise e subliñou que o Estado Español é un dos únicos catro que en todo o mundo inxectaron no escenario económico recursos públicos por valor superior ao 2% do PIB. Sobre o labor que terá a nova responsábel de Economía, falou Zapatero da necesidade de aplicar "grandes doses de iniciativa, capacidade de diálogo e interlocución con diferentes ámbitos" socio-económicos.


3/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: