O 70% dos seus falantes son adultos, non hai transmisións interxeracional e os adolescentes e nenos interésanse cada vez menos en aprendela.
Só os maiores empregan a lingua maia
Menos de 100 anos lle quedarían á lingua maia de continuar a tendencia actual. Así o afirman os expertos do Instituto Nacional de Antropoloxía e Historia de México (INAH), quen alerta sobre o desuso deste idioma ancestral que cada día é empregado por menos falantes. Nun estudo elaborado pola Dirección Lingüística desta institución, detállase que o 70% dos que empregan a lingua maia son adultos e que adolescentes e nenos interésanse cada vez menos en aprendelo.
Ademais, o informe revela que a mobilidade social no uso do idioma maio está mudando drasticamente, xa que existe unha "tendencia sintomática na súa falla de transmisión hereditaria". Con todo, asegura que "aínda hai tempo para previr o fenómeno, xa que México conta cunha pirámide invertida de poboación maia-falante, é dicir, emprégana moitos adultos e persoas da terceira idade". O obxectivo agora é facer máis eficiente a Área de Estudos Lingüísticos do Iucatán, que fará fincapé na docencia, a articulación de investigacións e a elaboración de políticas públicas que promocionen o seu uso.
O maia fálase nos tres estados peninsulares: Iucatán, Campeche e Quintana Roo. Malia as súas variantes internas, é posíbel o entendemento mutuo entre os diferentes grupos sociais.