Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Empanada Express

En Barcelona tamén se pode comer unha auténtica empanada galega. A idea naceu hai dous anos entre un pequeno grupo de inversores de orixe galega, quizás pensando que a receita italiana da pizza non é a única candidata a converterse nun plato internacional de comida rápida.

- 08:50 25/03/1999
Tags:

En tempos de présas os xantares rápidos teñen cada vez máis demanda e este noso plato típico parece que pode resultar unha grande aposta de negocio. Sobre todo se, como é neste caso, prima diante de todo a calidade e a garantía de orixe dos ingredientes: carne deterneira galega, polvo das rías, bacallau. É dicir, trátase de elaborar un producto auténtico, non un sucedáneo, non un deses símiles culanarios aos que tanto estamos afeitos por estes lares.

Ademáis os prezos son moi asequíbeis, o que seguramente será clave para o éxito da empresa. Por agora non serven a particulares no domicilio pero se prevé que este mercado tamén será cuberto co paso do tempo.

Actualmente a firma conta con dúas tendas en Barcelona, unha delas centro de producción, aínda que dentro dos planos estratéxicos contémplase unha próxima expansión, seguramente cara a comarca do Vallès.

Para máis información chamar ao teléfono 933 39 70 00,
Empanadas Xa.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: