Fernando Blanco coordinará Economía, Suárez Canal Administracións Públicas e Teresa Táboas Ordenación Territorial
O até agora vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, vai ser o encargado de dirixir a área de Relacións Instititucionais, Internacional e Medios de Comunicación dentro do grupo parlamentario do BNG. O aínda conselleiro de Industria, Fernando Blanco, pasa a coordinar os traballos parlamentarios relacionados con Economía e Facenda e, finalmente, Teresa Táboas será a voceira nos temas relacionados coa Ordenación Territorial, Urbanismo e Emigración.
O resto das competencias parlamentarias quedan así dentro do grupo nacionalista: Carlos Aymerich (Voceiro, Servizos Sociais e Universidade); Ana Pontón (Cultura, Muller e Mocidade); Bieito Lobeira (Pesca, Mar e Lingua); Carme Adán (Educación e Turismo); Tareixa Paz (Agricultura, Gandeiría, Montes e Xustiza); Henrique Viéitez (Industria, Comercio e Emprego); María Isabel Sánchez (Medio Ambiente e Vivenda); e Ana Luísa Bouza (Sociedade da Información e Sanidade).