Comezan a distribuír os primeiros e-books en catalán, e mesmo prevén vendelos en librarías no Sant Jordi mediante a entrega de códigos de descarga.
Un grupo de editoriais independentes catalás, agrupadas arredor do portal edi.cat, decidiu apostar pola venda de libros electrónicos na súa lingua propia. Os editores Angle, Bromera e Cossetània recoñeceron unha conferencia de prensa que o libro dixital provocará o retroceso do libro en papel, e que os e-books "contribuirán a que a lectura non se extinga".
Segundo explica Vilaweb, o libro dixital enceta un novo canal, pero non lles afectará aos contidos. Na web da edi.cat xa se poden mercar una vintena de libros e a final de mes chegarán aos 50. A intención das tres editoriais é que todos os seus novos lanzamentos se publiquen en formato papel e dixital.
Segundo o grupo de editores, os libros dixitais custan o 60% do libro impreso, mantendo a mesma marxe de ganancias. Ademais, anunciaron que durante a campaña de Sant Jordi os libros electrónicos tamén se poderán adquirir en librarías. Serán uns folletos cun código que se deberá introducir na web de edi.cat para obter o arquivo do libro.