A compoñente didáctica e pedagóxica desta disciplina é o enfoque dende o que se abordará nas xornadas organizadas na facultade de ciencias da educación.
O xadrez será protagonista en Compostela durante esta primavera
O xadrez como un recurso didáctico e pedagóxico é a cerna dunhas xornadas que se van celebrar na facultade de ciencias de educación, en Compostela, durante catro sesións divididas nos meses de abril e maio. Este curso está dirixido a calquera estudante da USC e o prazo de inscrición ficará aberto até o vindeiro 10 de abril.
Coas xornadas preténdese afondar no coñecemento deste xogo e, mediante o ensino do súas técnicas básicas potenciar a interacción entre os asistentes. Esta comunicación procura achegar algunhas das máis básicas estratexias que permite o xadrez e, mediante a súa explicación utilizar esta centenaria disciplina lúdica como un recurso educativo.
Os interesados poden atopar máis información dirixíndose ao enderezo electrónico que aparece na nota publicada pola universidade.