Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Xaquín Fernández Leiceaga, voceiro do PSdeG

"Afrontaremos a nova etapa coa mesma intensidade"

O voceiro socialista apelou á continuidade do rigor no labor da institución parlamentaria.

Redacción - 13:35 01/04/2009

Aproveitou o voceiro parlamentario do PSdeG, Xaquín Fernández Leiceaga, para destacar o "voto de confianza" outorgado polos deputados da oposición na xornada deste mércores. Referíase Fernández Leiceaga ao voto en branco concedido durante a elección da presidenta "a diferencia do acontecido hai catro anos", recordou.



Puntualizou o socialista que se trata dun exemplo da "man tendida" coa que o seu grupo espera conseguir que o Parlamento "siga manténdose na centralidade política" do país e que todas forzas parlamentarias "poidan desenvolver o seu labor nas mellores condicións". "Os que apoian o Goberno, apoiando o Goberno, e os que fan oposición, facendo oposición", subliñou.



Leiceaga asegurou que o grupo socialista "manterá a intensidade" da lexislatura anterior e anunciou unha oposición "seria, rigorosa, construtiva e responsábel". Doutra banda, afirmou que o labor do PSdeG responderá á defensa dos intereses dos cidadáns "desde unha óptica progresista e galeguista".



1/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: