Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
No día que se constitúe a Cámara

A Mesa concéntrase ante o Parlamento para "evitar involucións" nos dereitos lingüísticos

Queren reclamarlle ao vindeiro goberno do PPdeG "medidas concretas" na defensa da nosa lingua, e o cumprimento  de "acordos unánimes", como o Decreto do galego.

Redacción - 09:00 01/04/2009

A Mesa pola Normalización Lingüística concentrarase esta cuarta feira, día no que se constitúe a Cámara, ante o Parlamento, para reclamarlle ao vindeiro goberno do PPdeG "medidas concretas" na defensa da nosa lingua, para "evitar involucións" nos dereitos lingüísticos dos galegos e galegas.

Nun comunicado, A Mesa realiza "un chamamento a todas aquelas persoas que defendan o dereito a vivir en galego" para que se sumen a esta "concentración simbólica", que se desenvolverá a partir das 10:30 horas na Rúa do Hórreo, en Compostela. Alí, exixirán que "se cumpra co mandato estatutario" e "o establecido por acordos unánimes do propio Parlamento, que se seguen sen desenvolver", aludindo ao Decreto do Galego no Ensino.

Dende a asociación tamén sinalaron que han desenvolver, en vindeiras semanas, diversos actos "para que a Xunta do PP non adopte medidas unilaterais que poidan crear unha grave fractura social", que culminarán coa manifestación nacional convocada para o Día das Letras. Finalmente, explicaron que solicitarán entrevistas cos novos responsábeis do PPdeG no Goberno para, unha vez tomen posesión, trasladar directamente as súas propostas e visións.


5/5 (12 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: