Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
presenza d'A Mariña e Ourense no Parlamento

Feijoo coloca a Xosé Manuel Baltar de vicepresidente, e a Balseiro de secretario

Os dous deputados completarán, xunto con Pilar Rojo como presidenta, os tres postos cos que conta o PPdeG na Mesa da Cámara durante esta lexislatura.

Redacción - 09:00 31/03/2009
O deputado ourensán Xosé Manuel Baltar Blanco / Imaxe: Facebook

O deputado ourensán Xosé Manuel Baltar Blanco / Imaxe: Facebook

O deputado por Ourense, Xosé Manuel Baltar Blanco, como vicepresidente primeiro; e o parlamentario por Lugo, Xosé Manuel Balseiro, como secretario, completarán, a carón de Pilar Rojo, como presidenta, os tres postos cos que conta o PPdeG na Mesa da Cámara durante a VIII Lexislatura, que comeza esta cuarta feira.

Baltar ascende de vicesecretario da Mesa ao posto número dous, e Balseiro chega dende o posto de voceiro da área de Pesca dos populares.

O presidente do grupo parlamentario do PPdeG e vindeiro presidente da Xunta, Alberte Núñez Feijoo, anunciou os nomes de ámbolos dous deputados para ocupar os postos da Mesa do Parlamento durante a súa intervención no programa Hai debate da Galega. Segundo un comunicado do PPdeG, Feijoo trasladou, "na mañá da terza feira" a ámbolos dous parlamentarios electos esta decisión, "unha vez escoitadas, oralmente e por escrito, as opinións dos demais deputados populares, do secretario xeral do partido e dos presidentes provinciais", entre os que está o pai de Xosé Manuel Baltar.


Ligazóns

1,8/5 (5 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: