Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
esta terza feira

Comeza o tour diplomático de Obama por Europa

O presidente dos EUA emprende unha viaxe cara tres importantes cimeiras: a do G20, a da OTAN e a da UE.

Redacción - 09:00 31/03/2009
O presidente dos EUA, Barack Obama

O presidente dos EUA, Barack Obama

O presidente dos EUA, Barack Obama, ten esta semana na súa axenda tres xuntanzas no cumio, en Europa, que, a partir desta terza feira, acapararán a atención de todo mundo. Obama emprende hoxe a viaxe que o levará a xuntarse cos líderes do G20 -el incluído- a vindeira quinta feira en Londres; cos líderes da OTAN, na sexta, en Estrasburgo e Colonia; e o sábado, cos líderes da Unión Europea, os 27, en Praga.

Será a primeira gran rolda diplomática do estadounidense, e nela Obama entrevistarase cuns vinte monarcas, xefes de Estado ou primeiros ministros. Na terza feira, de tarde, chegará á capital do Reino Unido, Londres, onde comezará a súa semana máis intensa, no que se refire aos encontros internacionais, dende que ocupa o cargo de presidente dos EUA. Entre as xuntanzas que ha manter Obama, destaca a do vindeiro sábado onde, na cimeira da UE, poderá entrevistarse co presidente do Estado español, José Luis Rodríguez Zapatero.

Ao mesmo tempo, e para completar unha semana chea de actividades diplomáticas e de contactos de alto nivel, a secretaria de Estado, Hillary Clinton, estará na quinta feira n'A Haia, nunha conferencia sobre Afganistán na que se agarda, por vez primeira, de representantes iranianos.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: