Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Euskadi

Edición xestionada por Vieiros
RSS de Euskadi
Euskadi

O PSE-EE outórgalle ao PP a presidencia do parlamento vasco

Os socialistas resérvanse dous postos na Mesa, asegurándose así estes dous partidos a maioría no órgano de goberno da Cámara.

Redacción - 20:20 26/03/2009

O PP ostentará a presidencia do Parlamento vasco e o PSE-EE reservarase dous postos na Mesa, asegurándose así estes dous partidos a maioría no órgano de goberno da Cámara, segundo acordaron esta tarde as delegacións negociadoras ao completo destas formacións, reunidas na Cámara vasca por espazo de 50 minutos.

Segundo informou ao termo do encontro o secretario de Organización do PSE-EE, Rodolfo Ares, os dous partidos tamén chegaron a un preacordo no documento de bases, cos obxectivos prioritarios do "goberno do cambio", que deberá ser sometido a consideración nos órganos de Goberno de cada partido, e que tratan aspectos como a "loita contra o terrorismo" ou a "defensa da liberdade".

Os detalles do acordo, de cara á investidura do candidato a lehendakari do PSE-EE, Patxi López, daranse a coñecer proximamente nun acto público.


1/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: