O presidente do Banco Popular recoñece no entanto que é un proxecto "a longo prazo" que require de consenso internacional.
O dólar, de EUA, é a moeda internacional
O presidente do Banco Popular de China, Zhou Xiaochuan, apoiou a iniciativa de rusa de crear unha moeda de reserva internacional como alternativa ao dólar, segundo informou este martes a axencia de noticias estatal Xinhua.
"A introdución dunha moeda de reserva supranacional, estábel e non vinculada a un país concreto, redundaría en beneficio do sistema financeiro mundial", afirma o banqueiro nun seu artigo, pendurado na web do banco emisor chinés.
Xiaochuan secundou a proposta de Moscova de lle encomendar ao FMI estudar a posibilidade de introducir unha moeda de reserva internacional. No entanto recoñeceu que a súa creación "é un proxecto a longo prazo que require perspicacia e resolución por parte da comunidade mundial", e priorizou mellorar a xestión de riscos dentro do actual sistema financeiro.