'Manuel e Elisa' (Manuel Fernández Valdés) e 'París # 1' (Oliver Laxe) comparten o galardón ao mellor documental galego.
En Intimidades de Shakespeare e Víctor Hugo, Olaizola "sabe crear unha atmosfera e dosificala con diversidade de recursos narrativos e técnicos", segundo o xurado, composto por Georgi Lazarevski, Jiska Rickels, José Luís Losa e Miquel Martí. O xuri destacou, ademais, a súa "destreza" para construír un clima de suspense e desvelar a identidade dun personaxe "entre luces e sombras".
O xurado do Play-Doc 2009 tamén acordou outorgar unha mención especial a Amores cegos, do eslovaco Juraj Lehotsky pola súa "combinación poética entre ficción e documental", ademais de pola "sensibilidade do director no seu achegamento a un xeito diferente de ver o mundo". Na sección de curtametraxes, a galardonada foi a iraní Rokhsareh Ghaemmagami, coa súa obra Cyanosis. "Unha gran pericia na fusión da animación dentro dun documental e polo seu xeito de transmitir unha tensión latente nun ámbito social".
Finalmente, no apartado dedicado aos documentais galegos, que este ano tivo especial acollida entre o público, a distinción estivo compartida por Manuel e Elisa, de Manuel Fernández Valdés, e Paris# 1, de Oliver Laxe.