Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Actriz galega universal

Residente Privilexiada, saen do prelo as memorias de María Casares

A obra editada orixinariamente en Francia hai case trinta anos, é agora traducida ao galego.

Redacción - 13:15 22/03/2009
"Residente privilexiada", de María Casares

"Residente privilexiada", de María Casares

"Convertida en espectadora de si mesma e do mundo, pon en escena en Residente privilexiada un axuste de contas, un regreso sincero e inmaculado aos seus orixes, á escena familiar, a súa paixón polo teatro, aos amigos, ao exilio, aos encontros e desencontros coa súa propia identidade". Así presenta a Editorial Trifolium, dentro da súa colección Contextos, as memorias da actriz galega María Casares, volume que chega agora ás librarías traducido directamente do francés por Ana Belén Martínez Delgado,

O libro é presentado como un dos testemuños máis completos acerca do exilio, primeiro forzoso, despois voluntario, dunha muller que conseguiu triunfar lonxe do seu país, até converterse en actriz universal, primeira figura da Comedia Francesa e do Teatro Nacional Popular francés. Nas súas propias palabras, logo de triunfar nun mundo cultural que non era o seu, "unha residente privilexiada".


4,33/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: