Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Relevo no cargo

Vázquez Portomeñe nomeado novo subdelegado do goberno español en Lugo

Logo da dimisión de Xesús Otero pola presunta implicación nun caso de anulación de multas de tráfico.

Europa Press - 11:30 20/03/2009
Xosé Vázquez Portomeñe

Xosé Vázquez Portomeñe

Xosé Vázquez Portomeñe é dende este venres o novo subdelegado do goberno español en Lugo, tras a dimisión de Xesús Otero, que levaba no cargo dende 2004, pola súa suposta implicación nunha trama de sobresemento irregular de sancións de tráfico.

Segundo informou a delegación do goberno español en Galiza, o nomeamento de Vázquez Portomeñe foi ratificado na mañá deste venres a través dunha resolución administrativa do delegado do goberno español, Manuel Ameijeiras, de acordo coa Lei de Organización e Funcionamento da Administración Xeral do Estado.

O novo subdelegado en Lugo, cuxo cesamento como secretario xeral da Consellaría de Traballo foi aprobado o pasado mércores polo Consello da Xunta, é funcionario do grupo A1.

Currículo
Nado no concello lugués de Taboada, Vázquez Portomeñe é licenciado en Dereito e desempeñou numerosos cargos profesionais dende o seu ingreso na Administración en 1975.

Anteriormente ao de subdelegado do goberno español, exerceu diversos cargos públicos relacionados co mundo laboral, así como da universidade. Tamén exerceu como árbitro en sucesivas eleccións sindicais e mediador laboral en conflitos colectivos en Galiza.


1/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: