Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
FESTIVAL INTERNACIONAL DA USC

O teatro volve á universidade

Entre o 23 e o 30 de marzo actuarán en Compostela e Lugo sete compañías universitarias de España, Brasil, Rusia, Lituania e Porto Rico.

Redacción - 09:00 23/03/2009

O Festival Internacional de Teatro Universitario da USC chega á súa décimo quinta edición, convidando a compañías de Sao Paulo, Moscova, Vilnius, Porto Rico, Murcia e Alacante, ademais da propia Aula de Teatro da USC. Segundo o responsable da Aula de Teatro da USC e coordinador do Festival, Roberto Salgueiro, cada unha das representacións do festival representan "unha oportunidade única de acceder a espectáculos que a cotío resultan de difícil visionado por razón da súa procedencia xeográfica e cultural". De xeito paralelo, o Festival é un punto de encontro e de necesario intercambio de experiencias e debates entre directores das aulas de teatro universitarias galegas e españolas.

Ao longo destes anos pasaron polos escenarios de Santiago e de Lugo, ambas as dúas sedes estables do Festival, compañías procedentes de Marrocos, Túnez, Costa de Marfil, Chile, Venezuela, México, Cuba, Brasil, Porto Rico, Estados Unidos, Francia, Noruega, Escocia, Bélxica ou Portugal, así como a práctica totalidade das aulas de teatro das universidades galegas e españolas e diversas escolas superiores de arte dramática e centros de ensino privados galegos.

Nos cinco días de funcións, a entrada será gratuíta previo paso polo despacho de entradas. En cada unha das xornadas celebraranse dúas funcións, ás 19:00 horas e ás 21:30 horas, a primeira na Sala de Teatro Roberto Vidal Bolaño e a seguinte no Teatro Principal. En Lugo as funcións serán no Auditorio Gustavo Freire ás nove da noite.

Programa de representacións en Compostela
Luns, 23
19:00. '(des)esperando', baseado no texto de Beckett Esperando a Godot. Por NÚCLEO 2 do Sujeitos de Cena da Universidade de Sao Paulo (Brasil)
21:30. 'Xogos á hora da sesta', de Roma Mahieu. Pola Aula de teatro da USC

Martes, 24
19:00. '(des)esperando', baseado no texto de Beckett Esperando a Godot. Por NÚCLEO 2 do Sujeitos de Cena da Universidade de Sao Paulo (Brasil)
21:30. 'Un xeño corrente' (musical), de Vadim Shefner. Por MOCT TEATP da Universidade Pública de Moscova (Rusia)

Mércores, 25
19:00. 'Volta' (Escenas da vida de Adomas Mickevicius en Lituania), dramaturxia de Olegas Kesminas. Por Teatro-Studio Palépé da Universidade Técnica Gediminas de Vilnius (Lituania)
21:30. 'El Lazarillo', versión de José Luis Ramos Escobar. Por Teatro Rodante da Universidade de Porto Rico

Xoves, 26
19:00. 'Volta' (Escenas da vida de Adomas Mickevicius en Lituania), dramaturxia de Olegas Kesminas. Por Teatro-Studio Palépé da Universidade Técnica Gediminas de Vilnius (Lituania)
21:30. 'La tempestad', de William Shakespeare. Pola Escola Superior de Arte Dramática de Murcia

Venres, 27
21:30. 'Abuelos (Las cerezas de la memoria)', de Juanluis Mira. Pola Aula de Teatro da Universidade de Alacante

Programa de representacións en Lugo
Martes, 24
Sussie, de Carol López. AULA DE TEATRO DA USC- COMPAÑÍA DE TEATRO DE LUGO

Mércores, 25
Un xeño corrente (musical), de Vadim Shefner. MOCT TEATP, UNIVERSIDADE PÚBLICA DE MOSCOVA (RUSIA)

Xoves, 26
El Lazarillo, Versión de José Luis Ramos Escobar. TEATRO RODANTE, UNIVERSIDAD DE PUERTO RICO (RECINTO DE RÍO PIEDRAS)

Venres, 27
La tempestad, de William Shakespeare. ESCUELA SUPERIOR DE ARTE DRAMÁTICO DE MURCIA

Sábado, 28
Abuelos (Las cerezas de la memoria), de Juanluis Mira. AULA DE TEATRO DA UNIVERSITAT D´ALACANT

Domingo, 29
Xogos á hora da sesta, de Roma Mahieu. Tradución e adaptación de Cándido Pazó. AULA DE TEATRO DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Luns, 30
Hide (Oculto), Dramaturxia de Fernando Dacosta a partir de "O extraño caso do Dr. Jekyll e Mr. Hyde" de Robert Louis Stevenson. AULA DE TEATRO "MARICASTAÑA". UNIVERSIDADE DE VIGO - CAMPUS DE OURENSE


3/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Na presentación do Festival, Roberto Salgueiro, Elías Torres e Pablo Sampedro
Na presentación do Festival, Roberto Salgueiro, Elías Torres e Pablo Sampedro