Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
HOMENAXE A NEIRA VILAS

Balbino xa ten oitenta anos

No Teatro Principal de Compostela estrearase o documental 'X.N.V. Memorias dun emigrante', realizado por Pablo Iglesias. Video no interior.

Redacción - 13:15 18/03/2009

Xosé Neira Vilas naceu en Gres o 3 de novembro de 1928. Fixo pois oitenta anos hai xa uns meses, pero será este mércores, aproveitando a estrea do documental X.N.V. Memorias dun emigrante realizado por Pablo Iglesias, cando reciba a súa merecida homenaxe. A conselleira de Cultura en funcións, Ánxela Bugallo, así como o alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, e mais Isaac Díaz Pardo teñen previsto participar no acto no que se lle entregará unha placa honorífica ao escritor de Gres.

Con 21 anos emigrou á Arxentina, onde entrou en contacto coa intelectualidade galega do momento, encabezada por Lorenzo Varela e Luís Seoane, e fundou a editorial Follas Novas xunto coa súa dona Anisia Miranda. En 1961 emigraron á Cuba revolucionaria, de onde regresaron a Galiza, a Gres, en 1994. Memorias dun neno labrego, protagonizado por Balbino, é posibelmente o libro máis lido da literatura galega.

"En Bos Aires acabamos na comisaría por cantar en galego nun bus" (Entrevista de Neira Vilas con Vieiros)


4,33/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: