Os coruñeses son os anfitrións dunha competición na que os outros sete equipos que participan son cataláns.
Cartaz do torneo
Este xoves comeza no pazo dos deportes da Coruña a Copa de Hóckey en patíns, na que o Liceo parte como un dos principais favoritos pola súa situación na táboa (actualmente terceiro a só tres puntos do líder) e tamén pola súa condición de equipo local.
O gran favorito é o F.C. Barcelona, líder da Liga e equipo que máis veces levantou o trofeo copeiro, até en 17 ocasións. Esta competición volve a Galiza 16 anos despois de que o Igualada, rival este xoves do Liceo, gañara na final daquela edición ao Voltregá.
O Liceo abrirá a competición contra o Igualada, equipo ao que lle gañou a súa última Copa no ano 2004. Este partido xogarase o xoves ás 19.00 horas e, entre o propio xoves e o venres disputaranse o resto de partidos de cuartos de final. O sábado será o día das semifinais e o domingo celebrarase a gran final.