Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
"Chanchullos laborais do bipartito"

O PPdeG pide a paralización das oposicións "amañadas" do Consorcio

"Deseñado para, na maior parte dos casos, sobrevalorar a militancia nacionalista dos aspirantes sobre outros méritos", di.

Redacción - 17:45 17/03/2009

O deputado electo por Ourense e voceiro de Función Pública do PPdeG, Antonio Rodríguez Miranda, exixiulle este martes ao Goberno en funcións que "paralice de inmediato" a convocatoria "amañada" de oposicións ao Consorcio Galego de Servizos da Igualdade e do Benestar posta en marcha o pasado mes de decembro.

Rodríguez Miranda afirmou que o concurso, que conta con 338 prazas, está mesmo "impugnado" por un sindicato, (o CSIF, que non ten representación no Consorcio). Neste senso, apuntou que a contratación do persoal laboral foi de "dubidosa legalidade" no seu día, e censurou que "agora, se queiran converter" eses empregos en fixos por un concurso de "tamén dubidosa legalidade".

O voceiro popular preguntouse cal é o motivo das "présas" da tramitación destas oposicións. Criticou neste senso que se "acurtase" á metade o prazo de 10 días que estabelece a lei para formular reclamacións ou alegacións. Decisión, dixo, "recollida nunha comunicación do xerente do Consorcio" coa lista provisoria de admitidos e excluídos.

"Militancia nacionalista"

O PPdeG entende que o proceso -"deseñado para, na maior parte dos casos, sobrevalorar a militancia nacionalista dos aspirantes sobre outros méritos"- "vulnera" os principios de "mérito e capacidade" e "discrimina" os aspirantes a traballar no Consorcio, mesmo se desempeñaron traballos na Administración. Como exemplo, explicou que na fase de concurso se puntúa "até oito veces máis os servizos prestados no Consorcio que noutras administracións públicas".

Por último, Rodríguez Miranda instou o presidente e o vicepresidente da Xunta, "(Emilio Pérez) Touriño e (Anxo) Quintana a comprender que o 1 de marzo" os galegos "decidiron saldar os chanchullos laborais do bipartito".


2,56/5 (9 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: