Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
ATLETISMO

Sandra Mosquera gaña o estatal de campo a través

A corredora viguesa gañou o campionato da categoría júnior, mentres que Lolo Penas acabou sexto no campionato masculino absoluto.

Redacción - 17:00 16/03/2009
Unha imaxe do campionato absoluto masculino

Unha imaxe do campionato absoluto masculino

Sandra Mosquera dou outro paso máis na súa consolidación como a maior promesa do fondo galego ao conquistar a pasada fin de semana o campionato estatal da categoría júnior. Mosquera percorreu os seis quilómetros do circuíto situado no parque natural da Pulgosa, en Albacete, nun tempo de 21 minutos e 20 segundos, avantaxando en 13 segundos á extremeña Tania Carretero.

A vitoria no campionato estatal non é ningunha novidade para Sandra Mosquera, que xa acadara triunfos en varias das categorías polas que foi pasando en base á súa idade. Mosquera é un diamante en bruto que está labrando a adestradora Oliva Román, adestradora dalgunhas das máis destacadas fondistas que tivo Galiza, como Xulia Vaquero ou Estela Estévez. Na categoría absoluta feminina destaca tamén a actuación da lucense Alessandra Aguilar, que rematou cuarta mais corre coa bandeira de Castela.

Boa actuación de Penas e Nieves
Na categoría masculina foi onde o equipo galego acadou o mellor resultado, rematando terceiro por detrás de Cataluña e unha das Castelas. O arzuán Lolo Penas completou unha gran carreira que lle permitiu acadar a sexta posición. Tamén merece mención especial o papel do vilalbés Gustavo Nieves Campello, atleta paralímpico que participaba por primeira vez neste campionato absoluto co equipo galego e rematou 56º de entre os 129 atletas que chegaron á meta.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: