Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Salienta a "unidade" do Consello Nacional

"Facendo as cousas como debemos, podemos volver ao Goberno en catro anos", anima Quintana ao BNG

Chama a formación política a buscar "novos referentes" e destaca o compromiso de consenso acadado entre as diversas sensibilidades do Bloque.

Redacción - 09:00 16/03/2009

"Se facemos as cousas como debemos, podemos volver ao goberno en catro anos, e onte demos o primeiro paso para facelo". Esa foi a mensaxe de optimismo cara a militancia e simpatizantes do BNG que quixo trasladar este domingo o voceiro nacional en funcións do Bloque, Anxo Quintana. Diante dos micrófonos da Cadena Ser, o líder nacionalista subliñou que o BNG traballará no Parlamento e "sobre todo mediante unha acción social forte e necesaria neste momento de crise". Unha tarefa que segundo Quintana a forza política comezará de inmediato, advertindo de que cara á cita asemblearia do próximo 10 de maio, o Bloque debe estar xa "ao lado da xente e non só dedicado ao traballo interno".

Quintana expresou a súa satisfacción polo grao de "unidade e responsabilidade" que dixo ter visto na xuntanza do Consello Nacional do BNG esta fin de semana, salientando a capacidade demostrada de que as distintas sensibilidades chegasen "a un punto de encontro". Por outro lado, afirmou apostar porque o nacionalismo atope "novos referentes" e cualificou de "lóxico" que non sexa el quen asuma o papel de voceiro no Parlamento, valorando que os nacionalistas contarán na Cámara con "doce persoas moi capacitadas". Insistiu en que o Bloque "decidirá as responsabilidades que cada un debe ter". "Vou estar ao servizo do BNG onde mo pidan, e esa é a disposición de Beiras, Paco Rodríguez ou Camilo Nogueira", engadiu. "Foi un Consello Nacional de unidade do que saíu unha folla de ruta que todos nos comprometemos a respectar e, con este comportamento, puxemos a primeira pedra para volver ao Goberno", indicou.


3/5 (8 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: